quinta-feira, março 15

FANATISMO RAPADO

Posted by PicasaFotografia de Hélder Gonçalves

Estabas nun banco público
como a túa existencia.
O mundo envolvente como un cinerama
aseguraba o movemento
a consciencia de que a vida seguía
e ti con ela.
Os paxariños picoteaban ao teu redor.
Confiabas.

Inesperadamente
nunha pantalla plana
baten imaxes expresionistas
dun pesadelo que che xelou a vida
primeiros planos de ferros
ardor rapado
cabezas de odio enferrexudas
botas ferretoadas
insignias fraticidas
músculos de coiro
cadeas
ruídos fríos.
Golpearon a tua sinxeleza
com a feras autómatas de fanatismo pelado
para esmagar os miolos da diferencia
a túa fronteira interna.

Na confusión do corpo lacerado
na convulsión da morte
non podías concebir por que foras elexido.

Azar
indignante azar
alvo dun odio cego
enchido de ocos
dun odio masa
dun odio brutal
apaga vida
dun odio lato
que me inclúe.

Matáronme contigo.
Ardemos no fogón do desarraigo
e da impotencia.

Maria Xosé Queizán

(em língua Galega)
.

Sem comentários: